Galicia

‘Queremos galego’ poderá usar megafonía en Compostela, aínda que sexa a Ascensión

Así o decretou un tribunal compostelán que este mércores  recoñeceu o dereito da plataforma  ‘Queremos Galegoa finalizar a súa manifestación deste xoves, con motivo do Día das Letras Galegas, con megafonía e un palco, algo que lle fora denegado polo Concello de Santiago “ao coincidir esta data coa celebración das festas da Ascensión”, festivo local.

O voceiro nacional da plataforma, Carlos Callón, sinalou que, aínda que o auto emitido «recoñece 100 por cento o dereito a usar todo os solicitado», a plataforma está pendente dunha resolución definitiva que ratifique que se poderá instalar o palco na Praza da Quintana, onde xa está instalada outra infraestrutura deste tipo para un concerto que se celebrará durante a Ascensión.

Callón, quen calificou a orde do concello de “inxusta, antidemocrática , arbitraria e un ataque á libertade de expresión”, felicitouse pola decisión xudicial decisión xudicial e fixo un chamamento á cidadanía a participar na manifestación, ás 12:00 h., convocada baixo o lema ‘Paremos os ataques contra o galego’.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.