Vigo al minuto

Os veciños de Teis esixen que o alcalde fixe unha data para a apertura dos espazos deportivos da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis (AVT) solicitou por escrito, a través do Rexistro Xeral, do Concello unha xuntanza co Alcalde e o Concelleiro de Deportes para tratar a situación das instalacións deportivas da ETEA.  Na visita realizada á ETEA o 9 de maio polo grupo municipal do BNG e o Alcalde, este anunciou a apertura dunha parte destas instalacións que se realizaría logo da aprobación definitiva dos rozamentos municipais de 2012.

O pasado 16 de abril a AVT solicitou poder realizar unha visita as instalacións deportivas da ETEA, para coñecer o estado real das mesmas.O motivo é que hai xa un ano finalizaron as obras de acondicionamento dunha parte das  instalacións deportivas da ETEA, abandonadas desde a saída dos militares destes terreos no outono do ano 2002”.

O 4 de agosto do ano pasado, a solicitude da AVT, a Asociación mantivo unha reunión con responsábeis municipais. Nesa xuntanza Manel Fernández, concelleiro de Deportes sinalou, que nesa altura as instalacións aínda non estaban recepcionadas polo Concello e que polo tanto non había data para apertura das mesmas.

A A.V.Teis manifesta que “o feito de que a día de hoxe as instalacións deportivas da ETEA, non estean abertas, parcial ou totalmente, confirma as denuncias realizadas ao longo destes anos pola AVT nas que cualificaba o investimento de 850.000 euros realizado nestas instalacións deportivas como insuficiente”.

Desde a asociación vecinal queren que “Abel Caballero termine de vez coa continua improvisación en relación ás instalacións deportivas da ETEA e os constantes anuncios e declaracións que despois nunca se cumpren ao longo destes xa case cinco anos como alcalde”, aseguran os veciños nunha nota na que salientan que “parece que a vontade do alcalde é sementar a confusión entre a veciñanza mediante anuncios mediaticos que despois quedan en nada”.

Por todo iso, a asociación quere coñecer “ cal é o proxecto definitivo do goberno municipal para estas instalacións deportivas da ETEA, así como os prazos concretos para a apertura total das mesmas (pavillón, piscina e campo de fútbol)”, e advirte que  non vai aceptar que se reduza nin eliminen estas instalacións deportivas, “como se de deduce das últimas declaracións de Abel Caballero”.

 

También te puede interesar