Vigo al minuto

A humanización de Pintor Colmeiro terá unha praza con obras do artista

Como adiantou o pasado 23 de marzo vigoalminuto, a humanización da rua Pintor Colmeiro, incluirá unha praza onde se mostrarán varios cadros do autor, segundo confirmou este luns o alcalde, na segunda visita que fai ás obras que, asegurou, estarán rematas a finais do mes que ven.

Abel Caballero, acompañado da filla do pintor, Elena Colmeiro,  explicou que na praza que se abrirá á altura da rúa Tarragona, situaranse cinco paneis con obras, seleccionadas por expertos en arte, por ambos os dous lados, que estarán permanentemente expostos.

Elena Colmeiro manifestou o seu agradecemento pola iniciativa e destacou que é un «xeito de que o pobo participe da arte e da cultura», ao tempo que subliñou que agarda que a mesma se faga como está proxectada.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.