Vigo al minuto

Caballero, anuncia por terceira vez á apertura das instalacións deportivas da ETEA

O pavillón de deportes da ETA estará aberto “en días”, dixo este mércores o alcalde quen, ao logo dos cinco anos que leva no cargo xa amosou que non é, precisamente, un alemán no que atingue ao cumprimento dos prazos, posto que xa anunciara o mesmo outras douas veces con anterioridade. Abel Caballero adiantou que unha vez aprobados os orzamentos municipais, que inclúen 150.000 € para obras na que fora Escola de Transmisións da Armada, as instalacións estarán ao dispor dos veciños

As obras, ás que por fin accedeu o representante do BNG, están completas en parte: piscina foi reformada integramente, renovouse o vaso, acondicionado as bancadas, e construíronse novos vestiarios; o parqué do pabillón xa está colocado, pulido e barnizado, e arranxouse parte da cuberta, que o alcalde deixou craro que non é necesario cambiar, pese a que ten goteiras, porque está ben” para instalar nel un ‘rocódromo’.

Eso sí, se lendo o principio desta información xa estabas saindo a comprar un bañador, agarda, que a piscina terá que esperar porque, goberno municipal estuda convertela nun centro de auga de mar. No que se refire ao campo de fútbol, que Caballero asegurou hai uns meses que sería regulamantario e de herba natural, non se reformou, xa que non é das dimensións axeitadas, polo cal dividirase nunha cancha para fútbol sete e un aparcadoiro.

Estos argumentos, lonxe de satisfacer o anterior tenente de alcalde de Abel Caballero, non lle pareceron convincentes a Santiago Domínguez quen asegurou que a reforma, na que se investiron 850.000 € a portados polo Consorcio da Zona Franca, “quedou incompleta”.Onde está o campo de fútbol?”, preguntouse o voceiro do Bloque. Domínguez, sinalou que “non facía agardar tanto para isto”, lamentou que o gobernó local non esixise a Zona Franca os dous millóns que facían falla para reformar todas as instalación deportivas e lembrou que cando gobernaba co PSOE, maila que o BNG tiña as competencias en Deportes, “o alcalde asumiu para sí a xestión da ETEA, e o resultado está á vista”.

Pola súa banda, o voceiro do grupo municipal popular calificou de “vergoñento” que as obras non estén rematadas. Segundo Chema Figueroa, quedou  ben craro durante a visita que fixeron o alcalde e os representantes do BNG, ao que calificou de “goberno na sombra, ao recinto, “logo da denuncia realizada polo PP o martes pasado”.

 

 

También te puede interesar