Galicia

A Delegación do Goberno prohibe a manifestación contra as fumigacións

A Delegación do Goberno denegou o permiso á Plataforma contra ás Fumigacións para manifestarse este domingo, 29 de abril, en Melide (A Coruña), en contra dos tratamentos aéreos con fluxenoxuron para combater pragas que afectan aos eucaliptos.

A plataforma, a través dun comunicado, afirma que o argumento para prohibir esta protesta foi que a manifestación non se solicitou coa antelación de dez días á que obriga a lei para «calquera acto desta índole que non se considere urxente».

Non obstante, a Plataforma contra ás Fumigacións defende que a urxencia «estaba máis que xustificada», posto que a fumigacións con flufenoxuron “un pesticida que será prohibido o 1 de agosto pola súa alta toxicidade” son inminentes e “está en perigo todo o sector apícola galego, a saúde pública e o medio».

Aínda que a plataforma acata a decisión da Delegación do Goberno e non celebrará a manifestación, os seus membros desprazaranse igualmente este domingo ata a localidade coruñesa de Melide para informar de «ti a ti» á cidadanía. Melide foi elixida para a protesta por ser uns dos primeiros concellos en promover, a través de bandos da súa propia páxina web, este tipo de fumigacións no seu termo municipal.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.