Ciencia y Tecnología

O presidente da Real Academia Galega di que a institución está «necesitada e pobre»

O presidente da Real Academia Galega (RAG) asegurou este venres, no acto de presentación das actividades da Academia para conmemorar o 50 aniversario da celebración do Día das Letras Galegas, que a situación da institución é “necesitada e pobre”, tras os recortes na partida dedicada á mesma nos Presupostos Xerais do Estado, en máis dun 60%.

Por elo, Xosé Luis Méndez Ferrín agradeceu o apoio de diversas institucións e entidades para poder levar adiante os actos, algo que non sería posible sen esa axuda dado que a RAG recibe do Estado un total de 300.000 €, menos da metade do destinado ás academias catalana ou vasca.

Neste senso, os grupos da oposición no Concello de A Coruña criticaron esta situación e o BNG adiantou que os seus deputados presentarán unha enmenda aos orzamentos para aumentar a partida presupostaria destinada á RAG en 619.160 euros. «Pretendemos dotar a partida nun millón de euros, a mesma contía que se consideraba nos presupostos de 2011, despois do inxustificable recorte do 61% con respecto ao ano anterior», dixo o representante nacionalista no concello coruñés.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.