Deportes Vigo al minuto

O Seis do Nadal-Coia, consegue un histórico ascenso á Primeira División Masculina

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia conseguiu un novo éxito a engadir á historia da entidade viguesa. O Sénior Masculino da Liga 2ª División conseguía, por primeira vez na hisotira do club de Coia, o ascenso á Primeira División Sénior Masculina.

O combinado adestrado por César Álvarez chegaba á ultima xornada da liga regular na primeira posición do Grupo Sur da Liga 2ª División Sénior Masculina e dependendo de sí mesmos para conservar o primeiro posto e conseguir así o ascenso á Primeira División.

O pavillón de Navia viviu o partido que enfrontou ao Seis do Nadal – Coia e ao CB Grove Turimares na última xornada da liga regular, un partido que estivo dominado de principio a fin polo equipo local, arroupado e apoiado desde a bancada por xogadores/as, adestradores/as, familiares e amigos/as.

Unha vitoria do Seis do Nadal – Coia por 88 a 48 facía saltar a tódolos alí presentes e celebrar o ascenso conseguido despois de disputar vintedúas xornadas da 2ª División Sénior Masculina cun balance positivo de dezaoito vitorias e catro derrotas.

As próximas fins de semana do 29 de abril e 6 de maio se xogará o cruce de clasificación contra o primeiro clasificado do Grupo Norte, Club Baloncesto Atocha (A Coruña), para resolver que equipo ocupará a primeira posición da Liga 2ª División, aínda que ambos combinados chegaran ao cruce co ascenso conseguido.

 

También te puede interesar