Galicia

A CIG lembra que o naval non pode acceder a contratos en México até que non conte cun novo sistema de bonificación fiscal

A Confederación Intersindical Galega (CIG) reclámalle ao presidente do Goberno galego que» deixe de intoxicar á opinión pública» ao asegurar que o naval galego vai poder acceder a novos contratos en México, e o seu secretario nacional do Naval da central nacionalista, César Rodríguez, lembra neste senso que  non é posíbel acceder a novas contratacións até que os estaleiros non conten cun novo sistema de bonificación que substitúa ao tax lease.

Ademáis, salienta, o comisario europeo da Competencia «recoñeceu, en resposta a unha pregunta da deputada europea do BNG, que aínda non existe unha proposta de tax lease por parte do Estado español» e que a Xunta respondeu negativamente a unha pregunta feita no Parlamento  sobre a consecución de avais para Pymar que permitisen obter financiamento para a construción naval.

Por último, Rodríguez demanda aos responsábeis autonómicos que «deixen de mentir e enmarcan este tipo de declaracións nun intento por desmobilizar ao sector».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.