Cultura Vigo al minuto

‘Vilamor’, 99% de transpiración, 1% de fascinación

O director e tres dos protagonistas de 'Vilamor', este venres no IES CoruxoN. FERNÁNDEZ/ A. ALBALADEJO.– Estivemos na estrea da película, como non…, unha cousa,se ainda non fuches ao cine a ver ‘Vilamor’, dende este venres, está xa nas salas de toda a cidade, seica ainda podes estar cos actores e o director na Praza E, as 8 do serán...non vas sair defraudad@ deles, nin dentro nin fora da pantalla, e faltaralles tempo para posar contigo no foto-call, algo que, creenos, xa levamos algunhas estreas, é difícil que poidas repetir. E ahí remata o rollo fashion.

O equipo da película posou cos espectadores, onte, na estrea da cinta en VigoFacer unha película é un traballo que empeza un ano antes de que o espectador sente na butaca…e que segue moito despois dos títulos de crédito. O primeiro é  “ter algo que contar”, unha historia, ou atopala, como asegura que lle pasou a él o director, Ignacio Vilar, que dende ese intre, e dado que ‘Vilamor’ baséase en feitos reais, buscou aos verdadeiros protagonistas da mesma para escoitar as súas experiencias e lembranzas, as súas versións, impresións, sensacións e sentimentos.  Unha vez tes ese material, hai que escribir o guión, “un proceso que leva entre sete e oito meses”, e que vai medrando, cambiando e adaptándose ate ter forma.

Feito o guión, hai que pensar nos cartos, “‘Vilamor’ custou 1.700.000 € que proceden, nun 25%, das axudas públicas e que no 75% da productora, a viguesa Vía Láctea Filmes, que poido facer fronte ao mesmo logo do éxito de ‘Pradolongo’”. Tendo o guión e os cartos, o seguinte é buscar aos actores, un proceso que require probas, o que se chama castings, de actuación, fotoxenia ou son. Co guión na man, cos cartos no peto e cos actores elixidos, ‘non nos chames, xa te chamamos nos’, hai que localizar…’- perdone, querería falar con Ignacio Vilar..-sintoo, saiu a localizar’… e non precisamente preto, senon a Negueira de Muñiz, nos Ancares de Lugo, preto de Asturias.

Os actores de 'Vilamor' chegando ao IES de Coruxo na furgoneta da películaXa está a historia, o guión, os cartos, os actores e o escenario…mesmo xa se fixeron os ensaios…agora hai que rodar. “Para rodar unha película necesítase persoal”, e non falamos de un tipo cunha cámara de vídeo e outro cun micro, “senon de 120 persoas” que saiban o que fan: un experto en son, outro en fotografía, en vestiario, un productor, axudantes de dirección, camarógrafos, iluminadores…que teñen que traballar conxuntamente 12 horas ao día, cinco días á semán durante dous meses de rodaxe, “que abrangue esceas en verán, primaveira e inverno, nas ‘Pedras Apañadas» e o «Busbeirón’, “onde, en plano, houbo que facer tomas cun metro de neve”.

Feito…feito?..o resultado da rodaxe son 35 horas de esceas que hai que deixar nas apenas 2 horas que dura a película e as que hai que engadir a ‘banda sonora’ que “encárgase, logo de que está composta, á sinfónica de Kiev”, algo a desmán. É nese intre cando intervén o equipo de Guillermo Represa, o xefe de montaxe, e cando Vilar ten que decidir qué queda fora da cinta, de qué prescinde e qué deixa.

Isto exactamente é o que este venres pola mañán, apenas 8 horas despois de estrea, estaban explicando Breixo (Rubén Riós), Hermes (Xoel Yañez), Sonia (Sabela Arán) e o propio Vilar, a un cento de estudantes, no  IES de Coruxo e logo a outro cento do Ricardo Mella, porque a xente de ‘Vilamor’  non agarda polo espectador: vaino buscar para que vaia ao cine.

E cando decimos explicar, é contar logo de colocar, eles mesmiños, un folleto da película en cada asento, montar o plotter promocional, conectar o ordenador, seleccionar o trailler que van a amosar e darlle ao ‘play’…ademáis de representar como foi a rodaxe facendo unhas tomas, falsas, baseadas en feitos reais, coma ter que repetir varias veces…”corten!”.. porque un dos actores esqueceu o guión, porque sobrevoa un helicóptero que vai a pagar un lume ou unha vaca ponse a pastar diente da cámara…coño, na única escea que parecía aproveitable de todo o día!…e perder un día custa muuuita pasta. E que non hai negocio como o negocio do espectáculo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.