RGPD - Cookies
Deportes

A galega Ainara Brion, apeada do Campionato Mundial Junior de Taekwondo

Non tivo sorte Ainara Brión (-52, Natural Sport Ribeira) no seu debú no Campionato do Mundo Júnior de Taekwondo, que se está a celebrar en Sharm El Sheikh (Exipto) coa participación de 750 deportistas. Ainara tiña unha dura rival na primeira rolda, onde se enfrontou á representante de Marrocos, e aí finalizou a súa participación.

A deportista galega perdeu este combate coa marroquí Sahib Soukaina por 5-7 e non puido continuar a súa andaina polo Mundial. Foi un combate moi igualado entre as dúas taekwondistas que se decidiu por un golpe á cabeza da marroquí que foi reclamado polo adestrador español, ao entender que non chegou a impactar na mesma, pero ao final eses tres puntos foron decisivos no triunfo. A pesar de todo, sen dúbida foi unha boa  experiencia para Brión da que aprender de cara á súa carreira deportiva, que aínda está comezando.

Neste Mundial, que comezou este mércores e finalizará o día 8, participan 750  deportistas de idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos, representando a 93 países de todo o mundo.

 

También te puede interesar