Galicia

Baixan as temperaturas en Semana Santa pero non se agarda que chova

As temperaturas baixarán en Galicia dende esta fin de semana e durante a Semana Santa situaranse en valores normais  para a época, con máximas de 15 a 20 graos. Según MeteoGalicia, esta fin de semana esperan nubes de tormenta, pero non se prevén chuvias, aínda que poderían caer algunhas  pouco significativas .

Deste modo, a próxima semana tamén se manterá o descenso das temperaturas en Galicia, onde se rexistrarán os valores normais para esta época do ano, con sensación de fresco. Así, entre o luns e o martes de Semana Santa quedarán restos de nubes de tormenta e non se descarta algún chuvasco, pero de escasa consideración, xa que Galicia seguirá baixo a influencia do anticiclón ao longo de todo o período festivo.

MeteoGalicia insiste en que non se vai cambio de tendencia e o tempo seguirá sendo seco, xa que as chuvias que poden rexistrarse polas nubes de tormenta nos próximos días, deixarán pouca cantidade de auga.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.