Vigo al minuto

A cidade honra, un ano máis, aos seus veciños

Coas notas do  cuarteto de  corda da Orquestra Clásica de Vigo soando de fondo fóronse ocupando as butacas do Centro Cultural Novacaixagalicia vestido de gala para homenaxear aos seus vigueses máis distinguidos. Unha Medalla da Cidade para o Mueseo Quiñones de León, aberto xa hai 75 anos, e o nomeamento de vigueses distinguidos á Escola Rosalía de Castro; o cofrade maior da Cofradía do Cristo dos Aflixidos de Bouzas, Paulino Freire; o centro asistencial de drogodependentes Alborada; a responsable de Foanpas en Vigo, Bertila Fernández; Enrique Landesa -a título póstumo-; o pai Carlos Olivares e o equipo que creou o nanosatélite ‘Xatcobeo’.

Unha cidade que xa nos albores da súa historia deixou albiscar o orgullo, a ilusión e o carácter” dos seus cidadáns, capaces de botar ao exército napoleónico das súas rúas loitando con paos e pedras e que nunca deixou de liderar o avance de Galicia en economía, industria, peso financieiro, emprego e mesmo poboación, “sendo cidade de innovación e do talento”, como recordou durante as súas verbas o alcalde.

Desde 1988 Vigo distingue aos seus mellores cidadáns cunha primeira Medalla da Cidade que recaía, curiosamente, no lucense Francisco Fernández del Riego. Hoxe, coa crise no punto de mira dos protagonistas da noite, Caballero apelou por aunar esforzos e entablar alianzas para acadar emprego, atención social, economía, industria e benestar nun “tempo de sumar e de crear, non de destruír e de restar”, como viu facendo ata o de agora a cidade. “O orgullo é a nosa carta de presentación ante a crise e ante o futuro, a ilusión é a nosa enerxía, e o carácter o noso aval”, recordou o rexidor. Rescate de valores para mellorar a cidade.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.