Vigo al minuto

A Xunta descarta o trasvasamento do Verdugo a Eiras, coma pedía o alcalde

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, non deixou lugar a dúbidas e rexeitou este luns a posibilidade de realizar un trasvasamento dende o río Verdugo ate o encoro de eiras, coma pedía o alcalde de Vigo. Agustín Hernández, para quen a situación provocada pola falla de chuvias é “complicada”, salientou que o caso de Vigo “non é peor que o de outras zonas” do país e adiantou que presentará unas “reflexións” sobre unha subministración adicional de auga á cidade  “nos próximos días«.

O conselleiro indicou que as previsións meteorolóxicas «non son nada prometedoras», pois estiman que nos próximos 7 ou 10 días non haberá chuvias «substanciais» na comunidade, ao tempo que lembrou que se está a ultimar un plan que estará listo a finais de mes ou «principios de abril«.

Hai uns días Abel Caballero descartou tomar iniciativa alguna dende o Concello para aforrar auga ao tempo que indicou que remitira unha carta a Hernández falándolle da necesidade do devandito trasvasamento e alertando que os encoros de Vigo están a un nivel 20 puntos por baixo do que o estaban hai xusto un ano.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.