Cultura Vigo al minuto

Este domingo, non te quedes na casa

Foto de una ruta anterior

A asociación O Coto, convídate a unha ruta que non deixará indiferente a ninguén. Coma sempre as Peque-rutas están pensadas para toda a familia, polo que non hai excusa para non levar o pequerrecho ou a princesiña da casa. Toma nota, será o domingo 25 de marzo as 11:00 horas. Trátase de unha ruta guiada por Enrique Vaqueiro (Presidente da A. VV. de Xesta) e que terá lugar no Foxo do lobo (A Lama), farase un donativo de 1€ por persoa para o mantemento do foxo.

A ruta é sumamente interesante xa que na mesma, farase unha visita a unha construcción  formada por dous muros de pedra paralelos que se van xuntando ata confluír nun foxo, que se usaba para cazar lobos e demais animais que supoñían un perigo para os rabaños de ovellas ou vacas que pastaban polos montes e serras de Galicia. Os pastores ían asustando e conducindo os lobos ata o foxo para alí darlle caza.

O foxo está na serra máis alta da nosa provincia, a serra do Suído, que ademais fai fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense.

Lembra, o domingo 25 as 11:00 horas, a saída é dende o Colexio Público do Carballal (R./ Lomba 1-) Accedese pola Avda. do Aeroporto a altura da Rinxela. Máis información nos teléfonos: 986487957-676524529.


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.