Vigo al minuto

O candidato do BNG á Xunta cree que as baixas no Bloque favorecen ao PP

O voceiro do BNG no Congreso cree que aqueles grupos e colectivos que deixan a formación nacionalista”se están a confundir” xa que con estas decisión o que fan e debilitar ao Bloque. Francisco Jorquera, que tamén é o candidato do BNG á Presidencia da Xunta, considera que a súa formación é a única alternativa ao Partido Popular e así o dixo, este domingo, nunha rolda de prensa no concello de Paiosaco,en A Coruña.

Jorquera subliñou que neste intre o que fan estes colectivos é facer máis feble ao nacionalismo “nun momento no que o Partido Popular sofre unha deterioración importante froito das políticas que leva a cabo en Galicia“. Eso sí, na súa opinión,”a inmensa maioría dos militantes” que formaban parte da fronte cando se celebrou a Asemblea Nacional “seguen na formacióne están “comprometidos con facer do Bloque unha forza máis forte e unida”.

O candidato do Bloque lembrou que as consecuencias da Reforma Laboral aprobada polo Goberno son especialmente perxudiciais para Galicia, xa que precariza os empregos e baixa os salarios, que “xa son moi inferiores aos do resto do Estado”.

 

También te puede interesar