Vigo al minuto

O Naval suspende a marcha a pé a Santiago prevista para o luns

Así o decidiron os parados do naval vigués afiliados á CIG. Nunha asamblea celebrada onte  no asteleiro de Barreras, aprobaron suspender a marcha a pé a Santiago de Compostela prevista para o vindeiro luns despois de coñecer que non se cumprirán os prazos sobre o tax lease que anunciara o conselleiro de Industria. A iniciativa coa que pretendían facer chegar un escrito aos distintos grupos políticos con representación no Parlamento galego será substituída por novas mobilizacións.

Na reunión os traballadores analizaron as últimas noticias sobre a situación do sector. Ao mesmo tempo, serviu para trasladar o o contido da xuntanza mantida con CCOO e UGT o martes pasado. Ao remate da asamblea, saíron en manifestación por distintas rúas, pasando por Praza América e rematando na Praza dos Cabalos. Despois a marcha regresou de novo ao estaleiro.

O secretario nacional do Naval da CIG explicou que este venres ten lugar unha reunión en Madrid entre a patronal dos estaleiros e Pymar e que os sindicatos manterán mañá un encontro cos algúns estaleiros para coñecer o contido da mesma.En función do que nos trasladen convocaremos aos traballadores para decidir novas mobilizacións, que poderían ser conxuntas se chegamos a un acordo”, indicou César Rodríguez.

 

También te puede interesar