Video Vigo al minuto

As traballadoras de Povisa maniféstanse cantando ‘Resistiré os anos de goberno do PP’

Tal e como anunciou onte en rolda de prensa, a Confederación Intersindical Galega (CIG) conmemorou este 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, cunha concentración diante de Povisa na que ao redor dun cento de empregados do hospital protestaron polo que “coaccións e extorsións” que padece o persoal do hospital privado, formado maioritariamente por mulleres. Con este acto, que se desenvolveu ao mediodía,  tamén denunciaron a “actitude antisindical e represiva” da dirección do centro médico e a perda progresiva de calidade asistencial.

O feito de que se escollera o centro médico vigués para este acto responde a que conta cun cadro de persoal maioritariamente feminino xa que dos seus 1.600 empregados, arredor dun 80% son mulleres. E foron elas a que, entre eslóganes reivindicativos, cantaron o coñecido ‘Resistiré’ popularizado polo programa o ‘Intermedio’ da Sexta, adaptando a letra ao galego e deixando craro que están “dispostas a resistir os anos de gobernó do PP”.

Os concentrados, como anunciou onte a secretaria comarcal da Muller da CIG, Consuelo Martínez, indicaron que “elas son as principais afectadas pola política de abusos e persecución que practica a empresa” e que estas intensificáronse a raíz da folga convocada durante a negociación do convenio colectivo en 2009.

Segundo a central nacionalista, esta precarización das condicións laborais tradúcese nunha perda progresiva da calidade asistencia”, polo esixiron ao Sergas que investigue cómo se invisten os cartos do concerto co centro privado ao tempo que, preguntáronse, se esta permisividade da Xunta con Povisa non terá que ver co feito de que a actual conselleira de Sanidade fose con anterioridade xerente no hospital compostelán Nuestra Señora de la Esperanza, pertencente ao grupo Povisa.

 

También te puede interesar