RGPD - Cookies
Galicia

…e a Xunta e o alcalde de As Neves respostan que se fixo máis do que sinalan as normas nacionales e europeas

Preguntada por vigoalminuto sobre as críticas verquidas polo BNG en relación a actuación da Xunta na praga de nematodos nos piñeiros de As Neves, Salvaterra e Ponteareas, a Consellería de Medio Rural asegurou que o tódalas actuacións que levou a cabo a Xunta (cortas, retirada da madeira, etc.) foron obrigadas pola aparición do foco do nematodo e “leváronse a cabo seguindo escrupulosamente o establecido pola normativa comunitaria, nacional e autonómica”. O Goberno galego, asegura Medio Rural, calcula ademais que as actuacións na erradicación, medidas complementarias e restauracións na zona do foco ascenderon aos 7 millóns de euros.

No que atinxe ás indemnizacións aos afectados, a Xunta actuou en dúas dirección, por unha banda, “coa subvención in natura, algo así como ‘en especie’, que non se corresponde cun pagamento, senón que consistiu en asumir, por parte da Administración, a retirada e eliminación dos restos de curta que habitualmente se deixan nas parcelas”; unha obriga que a Lei de sanidade vexetal atribúe aos propietarios e que salienta a Consellería, “foi un apoio aos silvicultores da zona afectados”.

Por outro lado, procedeuse “á devolución aos seus lexítimos donos dos importes obtidos pola pública poxa dos produtos aproveitables (rolla, puntal, biomasa) logo de detraer do prezo de adxudicación os custos de explotación (desembosque, tala e transporte ao parque de madeira)”.

Medio Rural salienta que “desde o primeiro momento mantivéronse multitude de contactos, sobre o terreo e mesmo no seo do Consello Forestal de Galicia, cos afectados e abríronse dúas oficinas de información nos concellos de As Neves e Salvaterra de Miño. Nestes puntos de información realizáronse as comprobacións oportunas sobre a propiedade dos terreos e os pagamentos pertinentes. “Un proceso co que se continuará desde a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar ata a súa finalización”.

Pola súa banda, o alcalde de As Neves, Raúl Emilio Castro, asegurou a esta redacción que o Concello carece de competencias nesta materia, “xa que as mesmas pertencen á Xunta, pero que pese a elo, “no só colaborou activamente coa administración galega senón que facilitou información pormenorizada, axeitada e en tempo real aos veciños afectados”, ademáis de facilitar a ubicación da oficina aberta pola administración autonómica co fin de atender as suxestións, dúbidas trámites e reclamacións daqueles veciños que se viron afectados.

 

También te puede interesar