Galicia

Manifestacións nas sete cidades galegas contra os recortes da Xunta

Os sindicatos presentes nas diferentes administración públicas, CIG, CC.OO., UGT y CSI-F, aos que sumáronse USO, Satse y SAE, convocaron para este xoves protestas e concentracións nas sete ciudades galegas para amosar o rexeitamento ás medidas de recorte aprobadas pola Xunta. “Os traballadores volven a manifestarse en contra da política de aforro do Goberno galego que fai recaer o peso dos recortes nos funcionarios”, aseguran os convocantes nunha nota.

Este é o terceiro xoves seguido que se convocan estas protestas logo de que o consello da Xunta aprobase o pasado xoves o anteproxecto de lei de Medidas de Emprego Público, co voto en contra da oposición, PSOE e BNG, e de todos os sindicatos presentes na administración autonómica.

As manifestaciones serán ás 7 do serán en todas as ciudades:  na Coruña sairá da Praza de Ourense, en Ferrol na Praza de España, en Santiago do Toural, en Pontevedra na Peregrina, en Vigo diante do MARCO, en Ourense no Pavillón de Os Remedios e en Lugo no edificio administrativo da Xunta.

 

También te puede interesar