Galicia

A Xunta aproba investir preto dun millón de euros en promocionar o aeroporto de A Coruña

O Concello de A Coruña ven de pechar un acordó coa Xunta para que o gobernó galego aporte preto dun millón de euros na promoción do aeroporto da cidade naqueles lugares cos que ten conexión a terminal coruñesa.

Segundo o consistorio herculino, este decisión “é o froito dunha negociación de semana coa que o alcalde cumpre co seu compromiso de que o gobernó autonómico impulse os tres aeroportos galegos de xeito equitativo”. Porén, sinala o alcalde Negreira, “Alvedro contará este ano para a súa promoción coa mesma cantidade que Lavacolla e Peinador”.

Estos cartos tamén irán “á captación de turistas e pasaxeiros”, empezando por actividades de promoción en Madrid, Barcelona, Sevilla, Lisboa, Londres e Ámsterdam.

Negreira, logo de amosar o seu agradecemento á Xunta, sinalou que comeza unha nova estratexia que deixa de asinar contratos coas compañías aéreas para facer un “patrocinio directo de A Coruña”, e que as relacións coas devanditas compañías terán que ser “estables e duradeiras, e nunca máis pola subasta anual de voos”. O alcalde coruñés entende que, con esta estratexia recuperáronse as conexión con Sevilla e Amsterdan, conqueriuse que “Alvedro sexa aeroporto base de Vueling» e «consolidaronse» as pontes con Madrid, Barcelona, Londres e Lisboa.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.