Vigo al día

Un de cada tres novos parados galegos é vigués

Pontevedra foi, con diferenza, a provincia galega máis afectada polo aumento do paro:  o 76% dos novos parados de toda Galicia son da nosa provincia onde o número de desempregados incrementouse en 10.600 persoas , un11,3%. Segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), que se fixo pública este venres, o 33%, un de cada tres novos parados galegos son vigueses, e o desemprego na cidade afecta a 31.759 personas, 14.685 homes e 17.074 mulleres. No que atingue á comarca viguesa, o total de desempregados é de 46.028, o que representa a metade de todo o desemprego da provincia.

Pontevedra tamén é a parte de Galicia co maior número de fogares con todos os membros no paro; segundo os datos a EPA na comunidade hai 71.800 vivendas nesta situación, case 10.000 fogares máis que no último trimestre do ano 2010, deles 8.200, son pontevedreses, o que representa o 82% do total.

 

También te puede interesar