RGPD - Cookies
Galicia

Feijóo non ten nada en contra de que Baltar sustitúa a Baltar en Ourense

José Manuel Baltar fillo achégase cada día máis ao posto que deixou o seu pai na presidencia da Deputación de Ourense. Este xoves, o presidente da Xunta e do PP de Galicia indicou que os deputados provinciais do seu partido teñen compreta liberdade para elixir á persoa que consideren máis axeitada para o posto. No Partido Popular de Ourense dase por feito que Baltar Blanco, presidente dos populares naquela provincia, será que ocupe o cargo. Para elo o seguinte paso será a renuncia dun dos membros do Pleno da Deputación para que o seu posto o ocupe o primeiro suplente e este, tamén demita para que poda entrar no organismo Blanco Pumar, que sería elixido, previsiblemente, a metade do mes que ven.

O derradeiro atranco, que podería ser a oposición da directiva galega a este proceso quedou superado logo de que Feijóo reixetase que os galegos visen con malos ollos que un Baltar sustituise a outro «os cargos os elixen as personas con dereito a voto e reitero que funcionará a democracia e a ley, que é o importante nun réxime constitucional”.

 

También te puede interesar