Vigo al día

O Naval protesta este xoves camiñando entre Cangas e Moaña

Están en marcha. Traballadores do Naval irán camiñando este xoves (dende as 11 h.) dende Moaña a Cangas para amosar a súa preocupación polo futuro do sector nunha zona, o Morrazo que, tradicionalmente, conta cun gran número de empregados deste sector. A marcha, convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), sairá dende o porto de Moaña a chegará ao de Cangas ao redor da 1 do serán.

Esta marcha é o anticipo da manifestación convocada en Vigo o vindeiro xoves, día 26, que sairá de Vía Norte ás 20:00 h. en dirección á delegación da Xunta na cidade.


 

También te puede interesar