Galicia

A Xunta pagará ate 61 € ao día a desempregados que fagan cursos de formación

Así o asegurou a directora xeral de Formación e Colocación, este luns en rolda de prensa. Ana María Díaz indicou que a orden para a convocatoria dos mesmos, que se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) este martes, prevé investir nos mesmos 53,5 millóns de euros, o que supón un aumento do 3% en relación a 2011.

A directora salientou a necesidade de impartir cursos que sexan “certificables” e asegurou que os desempregados que asistan os mesmos obterán un certificado de profesionalidade válido en todo o Estado.

A previsión do goberno galego é que se impartan 1.100 cursos este ano e que aos mesmos asistan 23.000 parados e citou entre aqueles para os que hai máis demanda os de atención a personas dependentes e enerxías renovables.


 

También te puede interesar