Comarcas

Este domingo, en Arbo vai a haber tortas

O Concello de Arbo organiza este domingo, día 8 de xaneiro un concurso de Tortas de Roxóns cun dobre obxectivo: recuperar unha tradición culinaria moi específica de alí e, segundo, pór en valor ese coñecemento para crear un novo produto local.

Efectivamente, son poucos os lugares que poden presumir de facer un doce tradicional con partes do porco, a graxa derretida convertida en roxóns. Diferentes técnicas para un mesmo obxectivo: facer un doce moi saboroso con recursos locais.

Pola súa banda, os panadeiros e confeiteiros locais poderán engadir un novo produto ás súas ofertas.

Entre as 12 e as 17 horas recolleranse as tortas no Restaurante Os Pirús. Cada participante poderá participar cunha única torta. Todos os participantes contarán cun premio. O xurado, composto por restauradores locais e panadeiros de Arbo elixirá as tres mellores tortas atendendo a 3 criterios: presentación da torta, sabor e textura. Haberá tres premios consistentes en 3 agasallos e vales de compra para o comercio arbense por valor de 200, 150 e 100 euros. Aviso a larpeiros: ao final do concurso está prevista a degustación gratuíta das tortas.

Comprar en Arbo ten premio

Así mesmo, ás 6 do serán, no Restarante Os Pirús procederase ao sorteo da campaña de Nadal ‘Comprar en Arbo ten premio’: haberá 32 premios con vales de compra para ser utilizados nos comercios e industrias adheridas por valor de máis de 4.000 euros.

 

 

También te puede interesar