Cultura Vigo al minuto

Morre Isaac Díaz Pardo, intelectual, pintor, deseñador, escritor e político galeguista

Del dixera Antón Fraguas que era un home renancentista. Pintor, ceramista, diseñador, conferenciante, escritor, político, Isaac Díaz Pardo (Santiago 1920), era unha das derradeiras figuras senlleiras do galeguismo. Díaz Pardo, que atopábase nun hospital de Compostela, morreu pasadas as 8 e media da mañán deste xoves.

Nado o 22 de agosto de 1920 na capital galega, fillo do pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño, fusilado ao poco de comezar a Guerra Civil, pola súa casa pasaban destacados intelectuales galeguistas, coma Castelao, os Vilar Ponte, Cabanillas ou Vicente Risco, Otero Pedrayo, Blanco Amor ou Asorey.

Rematada a guerra, obtivo unha bolsa de estudos da Deputación de A Coruña o que facilitoulle a entrada na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, na que permaneceu de 1939 a 1942. Logo de abandoar as artes plásticas, pasouse á cerámica fundando a fábrica de Cerámicas do Casto, no Castro de Samoedo, en Sada. El 1963 constituiu en Arxentina, xunto con Luis Seoane, o Laboratorio Formas, berce doutras actividades industriais e culturais coma a cerámica de Sargadelos, en colaboración con Cerámicas do Castro (1963), o Mueso Carlos Maside (1970), a editorial Edicións deo Castro (1963) ou o recuperado Seminario de Estudos Galegos (1970).

Pola súa traxectoria recibiu numerosas distincións e recoñecementos, dende o Premio Otero Pedraio, o doutrado honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela, a Medalla de Ouro e o nomeamento de Fillo Predilecto de Compostela, ou a Medalla de Ouro das Bellas Artes.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.