RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

Esquerda Unida cree que as humanizacións non crearán emprego e aumentará a débeda local

O coordenador de Esquerda Unida en Vigo considera errónea e temeraria seguir coa política de “losetas e bancos” en tempos nos que non existen contrapartidas de ingresos para tales obras, coma o Plan E aou o Plan 2010, o que supón que serán financiadas baixo endebedamento bancario.

Rubén Pérez chatou deauténticamente surrealista” a “política populista” do alcalde de pensar que as humanizacións son actuacións propias dun tempo nos que nin siquera están asegurados os servicios sociais máis básicos da cidade.

O coordenador local recorda que o 57% desta inversión será con cargo a préstamos bancarios “nun tempo donde as caixas xa non existen como tal e polo tanto as condicións crediticias son claramente desventaxosas para as entidades públicas”.

Para Esquerda Unida a política de humanizacións ténse demostrado inútil para crear emprego se atendemos ao incremento notable do desemprego no sector da construcción e da obra pública, altamente costosas para o mantemento (limpeza e reparación de mobiliario) e “despilfarradoras en canto a recursos como a auga e o alumeado público”. Pérez salientou que “non pode ser que nun momento de clara caída dos ingresos vía trasnferencias estatais, esencialmente o IVE, o Concello considere viable un programa de inversións en humanizacións que obrigan a buscar financiación vía incrementos de tasas municipais ou recaudación administrativa, coma as multas”.

Por todo elo, considera urxente a reforma e reconsideración dos gastos de Xerencia de Urbanismo, maioritariamente adicados a pagar nóminas de personal, ante a manifesta realidade de que o PXOM non vai a desenvolverse como se pretendía no informe económico xustificativo. Ademáis EU cree que é “lamentable” que o acceso o estado das contas do Concello “esté secuestrado e pide que volva á web municipal a información referente á evolución de ingresos e gastos, “curiosamente ausente neste 2011”.


 

También te puede interesar