RGPD - Cookies
Vigo al día

EU recollerá sinaturas para que os vigueses voten que o auga sexa xestionada públicamente

Para elo, Esquerda Unida pretende recoller o 8% de sinaturas do censo electoral de Vigo tal e como solicita o artigo 35 do Regulamento de Participación cidadá de Vigo e a Lei Orgánica 2/1980 sobre referendos e as súas modalidades.

A campaña de recollida de sinaturas que desenvolverase por todos os barrios e parroquias de Vigo estará acompañada do reparto de 10.000 folletos informativos sobre as alternativas á xestión privada da auga que EU defende.

O coordenador local de Esquerda Unida de Vigo Rubén Pérez e Eva Solla, da executiva local, presentaron onte a campaña de recollida de sinaturas e reparto de información lembrando que “estamos ante un problema serio de calidade de servicio e de oportunidade para facer da auga e o saneamento non un negocio senón un servicio público eficiente”.

EU suliña que moitas persoas descoñecen que o servicio de auga e saneamento en Vigo foi xestionado por unha empresa pública “ate que de xeito interesado” foi privatizada polo goberno municipal. “Estamos ante un feito non aillado senón que foi un proceso que se viviu de xeito análogo en moitos paises europeos, os mesmos, como Italia ou Francia, que agora cuestionan estas privatizacións e comenzan o proceso de remunicipalización da auga”. Incluso Italia celebrou un referendo para vincular definitivamente a auga ao sector público e impedir á privatización da mesma.

EU pretende que sexa dende a participación cidadá e o referendo público dende onde parta a defensa dunha remunicipalización do servicio de augas e saneamento de Vigo.

Tamén se poderá celebrar consulta cidadá a petición colectiva, asinada por un mínimo de veciños non inferior ao 8% do censo electoral municipal, logo da resolución dos acordos interesados. Todo o que non prevé este artigo regularase conforme o disposto na lexislación estatal ou da Comunidade Autónoma, especialmente a Lei Orgánica 2/1980 de 18 de xaneiro, regulamentadora das diferentes modalidades de referendo.


 

También te puede interesar