Vigo al minuto

Este é o libro que pon que “a lingua propia de Galicia é o galego”, coma o Estatuto

Ante a polémica desatada pola reclamación do Valedor do Pobo para que sexa retirado un libro de texto da asignatura Coñencemento do Medio, concretamente o da editorial Vicens Vives Educación Primaria, Medio-5 3º ciclo, 5º curso, engadimos a esta información as mesmas fotografías que publica no seu blog Pedro Larrauiri, coordinador de UpyD en Vigo, que foi a persoa que fixo a petición de retirada do mesmo.

Coma se pode ver, textualmente, o párrafo dí “A lingua propia de Galicia é o galegoque é, tamén, textualmente, o que di o Estatuto de Autonomía de Galicia, que, para quen non o saiba é unha Lei Orgánica, é decir, unha lei do Estado, concretamente a Lei Orgánica 1/1981 de 6 de abril, asinada polo daquela presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo e sancionada polo Rei.

Pero, por se iso non fose suficiente, a Lei de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do 23 de xuño de 2009, cando o presidente da Xunta xa era Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Educación era Jesús Vázauez, di, por suposto textualmente, “De conformidade con isto, o artigo 5 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de autonomía de Galicia, dispón que a lingua propia de Galicia é o galego, e que os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia”.

Por poñer un das ducias de exemplos que hai, esto é o publicado polo Diario Oficial de Galicia, ao respeiito dos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010 de 14 de xaneiro, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que ten coma titular a Jesús Vázquez,  polo que se aproban os Estatutos da Universidade de Vigo, artigo 4º1.-  O galego é a lingua propia da Universidade de Vigo. 2. A Universidade de Vigo promoverá, de acordo coas súas competencias, liñas de actuación que garantan o uso pleno da lingua galega en todas as súas actividades docentes, investigadoras, administrativas e de servizos. 3. A Universidade de Vigo establecerá mecanismos formativos para que, nos procesos de acollida dos diferentes membros da comunidade universitaria, se favoreza o coñecemento suficiente da lingua galega. 4. Nos procesos de selección de persoal, valorarase positivamente o coñecemento da lingua galega e do resto das linguas oficiais da Unión Europea.



 


 

También te puede interesar