Galicia

Limpeza desminte os despidos en FCC e os traballadores inician unha campaña contra eles

Mentras o concelleiro de Limpeza enviaba este serán un comunicado aos medios de comunicación no que decía, textualmente “en resposta ás informacións feitas públicas hoxe polo comité de empresa do servizo de limpeza e recollida de lixo, a Concellería de Limpeza quere deixar craro que non haberá nin unha sola baixa neste servizo. Nunca se barallou a idea de ningún despido e, de feito, este goberno non o toleraría. Por tanto, se alguén fala neste momento de despidos está inventando«, o Comite de Empresa de FCC anunciaba unha campaña de mobilizacións «contra o despedimento de 180 empregados» da concesionaria. 

Segundo informa o devandito comité, a primeira medida de presión “terá lugar este luns a partir das 12.00 horas cunha concentración ás portas do consistorio”, na que tamén participarán as limpadoras dos colexios públicos que loitan dende hai meses por mellorar as súas condicións laborais. De xeito paralelo levarán a cabo unha “campaña informativa na rúa para alertar á cidadanía de que os plans municipais suporán o deterioro dun servizo polo que dende hai pouco paga un 3,80% máis, ademais de manter unha “xuntanza coa Federación Veciñal para trasladarlle a problemática”.

Pese a que o Comité indicou, con probas, que o Concello propuxo ate tres alternativas “que nos tres casos suporían despedimentos”, e que hai uns días as mesmas foron confirmadas a un medio de comunicación en fontes do Goberno Local, o responsable de Limpeza segue a negar que se barallase esta alternativa, aínda que non desminte que se deixe de limpar toda a cidade os domingos e o rural, ademáis, os sábados, tampouco a retirada de 200 contedores da rúa ou a supresión dos servizos de praias e o reforzo en Nadal.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.