Comarcas

Salceda aposta pola integración das persoas con dificultades auditivas

O Concello de Salceda de Caselas a través das accións formativas para desempregados (AFD) da Consellería de Traballo e Benestar, impartiu un curso de linguaxe de signos para 15 alumnos, seleccionados previamente pola Oficina de Emprego. Os alumnos tiñan que ter unha formación mínima de Bacherelato ou Formación Profesional, tendo preferencia as persoas con un Itinerario Personalizado de Insercción (IPI). Os alumnos con características especiais como no caso de ter fillos menores de 6 anos, unha minusvalía superior ao 33% ou un Itinerario Personalizado de Insercción percibiron unha axuda complementaria á beca de 7 € diarios para o desprazamento.

A Tenente Alcalde e Concelleira de Emprego e Formación asegurou que “este curso ademáis de formar para a integración no mercado laboral ten o fin de potenciar a integración na vida cotiá das persoas con discapacidade auditiva e/ou oral. Marina Cabaleiro salientou que posto que a Xunta ven concedendo poucas accións formativas, “dende o Concello estase a traballar nun Plan de Formación Propio”, tendo comenzo a súa primeira acción “Motivación emprendedora” o vindeiro 29 de novembro.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.