Deportes

Victoria do Seis do Nadal ante o Xuven de Cambados (65-62)

O equipo combinado Sénior Masculino  do Clube Baloncesto Seis do Nadal – Coia, está xa na segunda posición da Liga Autonómica tras imporse no Pavillón Municipal de O Pombal, de Cambados, ao Xuven. Aínda que neste partido correspondente á cuarta xornada da liga, César Álvarez, adestrador dos vigueses, non puido contar con tódolos seus xogadores e completou o plantel cun xogador júnior da entidade. O partido comezou cunha primeira metade na que o Xuven realizou un mellor xogo, tanto nas accións ofensivas coma en defensa, que o Seis do Nadal – Coia, conxunto que conseguía encadear algunhas boas xogadas en ataque pero de xeito irregular.

O inicio do terceiro período supuso un cambio na intesidade defensiva do conxunto vigués o que fixo posible recortar as distancias no marcador e chegar ao último cuarto cun punto de vantaxe despois de ir todo o encontro por debaixo.

O cuarto período tivo dous momentos totalmente diferenciados por un tempo morto solicitido polo Seis do Nadal – Coia. Ata o tempo morto o combinado visitante cometeu tres erros defensivos seguidos ao que se lle sumou o desacerto nas accións ofensivas, situacións que fixeron que o Xuven volvese a alonxarse no marcador. Despois do tempo morto, os xogadores vigueses, lonxe de deixar escapar o partido, aumentaron novamente a intensidade do xogo e anotaron catro triples que lograron resucitar o partido e volver ás táboas ao final do tempo regulamentario.

Os cinco minutos da prórroga foron suficientes para que os integrantes de Coia non deixaran escapar unha nova vitoria (62-65), que sería a cuarta consecutiva.

Despois da disputa da cuarta xornada o Seis do Nadal – Coia ocupa a segunda posición da táboa co mesmo número de vitorias (4) que o primeiro clasificado da liga, o Ourense Capital Termal.


 

También te puede interesar