Vigo al minuto

Centos de persoas saen á rúa en Vigo convocadas pola CIG

Convocados pola Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil e Telecomunicacións (Fgamt) da CIG, centenares de personas manifestáronse este martes en Vigo para denunciar o estancamento e deterioro da negociación colectiva a nivel estatal.

Na manifestación, que saiu as 11 da mañán do cruce de Urzáiz con Vía Norte, e rematou diante da delegación da Xunta, informouse que esta situación afecta xa a sectores básicos da economía galega. Así, denunciaron os organizadores, nas conservas de pescados a patronal mantén un actitud tendente a eliminar dereitos; que en elaborado e no textil, o mesmo que pasa en gasoliñeiras, non hai negociación, e que noutros sectores, coma o frío industrial o convenio venceu en 2010 e hoxe as conversas para a súa renovación son inexistentes.

A isto súmanse as dificultades en ambulancias, transportes de mercancías e viaxeiros, polo cal a CIG propón un “marco galego de relacións laborais como solución para conquerir a mellora das condicións sociais e laborais dos traballadores”.


 

También te puede interesar