Comarcas

Salceda rendiu homenaxe ao corzo na súa segunda festa gastronómica

Centenares de persoas asistiron este domingo en Salceda de Caselas á “II Festa Gastronómica do Corzo”, que se celebrou no Recinto de Festas da Virxe da Concepción, o lado da Igrexa Parroquial de Sta. María de Salceda.

Nesta edición os especialistas cociñaron 1000 racións desta prezada carne de caza, a cal foi exaltada, por segundo ano, coma continuidade a unha iniciativa nacida no seo da Asociación Xuvenil Entroido de Salceda de Caselas.

A festa contou coa actuación de varios grupos durante toda a xornada, a os asistentes poideron presenciar en directo o proceso de cociñado e elaboración deste exquisito prato, ademáis de degustar o famoso xamón asado.


 

También te puede interesar