Comarcas

Valle-Inclán, este sábado en As Neves

Doña Loreta, muller do teniente Astete, apodado Don Friolera, é infiel ao seu home con Pachequín, o barbeiro do pobo. Un anónimo pon a Astete en coñecemento da situación situación e trama unha vinganza. Sen embargo, ao poñer en marcha o plan para matar aos traidores, a filla, Manolita, aparece e ao traizoado fáltalle valor para matar aos amantes, ainda que, por presión dos seus colegas, Don Friolera…non contaremos o final.

Esta obra de Valle-Inclán, que se publicou por primeira vez en 1921, represéntase este sábado no Auditorio Vázquez Portomeñe do Concello de As Neves, coma parte da programación Cultural posta en marcha polo goberno local de cara a este ano. A entrada no mesmo é gratuita e dará a posibilidade aos espectadores de asistir a unha representación que fora prohibida na dictadura, ainda que Juan José Alonso Millán levouna a escea no Teatro Romea de Murcia, a porta pechada, en 1959.


 

También te puede interesar