Galicia

O BNG quere saber quén é o responsable da «liquidación do aforro galego» logo de que o FROB se fixese son NCG

Así o esixiu este venres en Vigo o voceiro nacional do BNG. Guillerme Vázquez anunciou que o seu partido pedirá explicacións no Parlamento de Galicia tras confirmarse «a liquidación do aforro galego”, logo de que o Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) confirmase que se fai co 93% de NCG Banco e que a participación de Novacaixagalicia no mesmo será do 6,5%, moi lonxe do 15% anunciado polo presidente da Xunta.

No acto de presentación dos cantidados do Bloque nas vindeiras Eleccións Xerais Guillerme Vázquez, subliñou que a caixa non se ven de valorar “a prezo de saldo, senon a saldo de terceira rebaixa” o que cualificou coma “un desastre e un fracaso da política do Partido Popular”.

O líder nacionalista deixou craro que isto merece unha explicación, “porque os galegos teñen dereito a saber quenes son os responsables disto…os reponsables políticos e os xestores que trouxeron as cousas ate aquí e de que se liquidase o aforro galego”.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.