Galicia Vigo al día

O polbo, a piques de desaparecer da costa galega

Así o asegura o deputado do BNG no Parlamento de Galicia, Bieito Lobeira, quen este sábado responsabilizou á Conselleria do Mar da “práctica desaparición do polbo da costa galega” por non ter en conta o seu comportamento biolóxico, a súa época reproductora e non poñer en marcha medida algunha para coidar esta especie.

Lobeira salientou que na campaña de verán, debido á veda, as embarcacións de baixura apenas capturaron este cefalópodo e que as lonxas “rexistran mínimos históricos o que fai este tipo de pesca económicamente inviable”. O deputado lembrou que hai unhas 1.400 embarcacións que teñen permiso para o uso da nasa do polbo e, engadiu que a súa captura é esencial para a supervivencia da flota de baixura creando “milleiros de empregos”.

O nacionalistas advertiu que a dsaparición do polbo ameaza a viabilidade deste sector logo das restriccións, “impostas inxusta e anticientíficamente pola EU, na captura de xarda e pescada”.


 

También te puede interesar