Comarcas Vigo al minuto

Os rapaces de As Neves coñecen un dos seus meirandes recursos: as colmeas

O programa de lecer posto en marcha pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar de As Neves, segue a amosar aos máis pequenos o seu entorno, novos xeitos de relacionarse, o convinte de traballar en equipo, a importancia dunha alimentación sana, abrindo portas á cultura, dende a lectura ao teatro ou o baile, ou o coñecemento das parroquias e recursos naturais do ‘Sol do Condado’.

Nos días pasados, os rapaces visitaron varias colmeas onde, segundo sinalou a alcaldesa en funcións, María del Carmen Gil, “poideron coñecer coma se obten o mel que, sen dúbida é un dos productos máis coñecidos e de mellor calidade que temos. Os encargados de as mesmas explicaron aos rapaces que a comarca do Condado-Paradanta, e en especial As Neves, sempre tivo unha forte tradizón apícola,”especialmente pola súa flora característica”, segundo sinalaron os responsables dos panais, quenes amosaron coma se tratan ás abellas, coma se obtén o mel e que propiedades ten.

Os pequenos aprenderon que existe unha grande diversidade de flora melífera, composta polo eucalipto, as árbores frutais, coles, castiñeiros ou carballos que garanten unha a produzón de mel dende febreiro a agosto. Aprenderon que ate hai pouco, as colmeas estaban feitas en cortizo e cubertas de palla de millo. Hai uns anos apareceron as tipo Langhstron que revoluciona a apicultura, ainda que chegou unha época moi mala coa aparición de enfermidades coma a loque americana e aa barroasis que casi que acaban coas abellas da zona.

Pero, pasadas esas enfermidades, comeza a recuperación e, hoxe, grazas ao xeito de traballar dos apicultores, o mel de As Neves empeza a considerarse entre os mellores de Galicia, tal e como amosa a importancia e repercusión dunha das festas gastronómicas máis importantes do país, a do Requeixo con mel, que cada ano acolle a milleiros de visitantes.


 

También te puede interesar