RGPD - Cookies
Cultura

O xulgado destitúe aos administradores de A Nosa Terra

O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra ven de decretar a liquidación de Promocións Culturais Galegas, empresa editora de ‘A Nosa Terra‘, mentres que os 24 ex traballadores da publicación continúan á espera de cobrar as liquidacións e as mensualidades que se lles deben, segundo informou a CIG.

A resolución xudicial, contra a que cabe recurso, deixa sen efecto as facultades de administración e disposición do concursado sobre o seu patrimonio, ao tempo que cesa aos administradoras da sociedade para substituilos pola administración concursal, segundo explica a CIG.

Pola súa banda, os 24 extraballadores do semanario continúan á espera de cobrar as liquidacións de sete días por ano traballado pactadas coa empresa, así como as mensualidades que aínda se lles deben e que son 30 días de outubro e sete de xullo


 

También te puede interesar