Vigo al día

A folga indefinida declarada en Denso paraliza a planta de Vigo

Segundo informa a CIG, que ten a presidencia do comité de empresa, o paro está sendo un éxito logo de que todo o turno de mañán se sumase ao mesmo. A folga está motivada polo bloqueo da negociación do convenio colectivo ao que, dacordo coa central nacionalista, oponse á empresa, que fabrica sistemas de climatización para PSA e General Motors, que non quere saber nada de demandas coma a suba salarial, a reducción de horas de traballo anuales, ou o complemento por accidente e enfermidade laboral.

A CIG lembra que a plantilla, composta por 220 traballadores, pide un incremento salarial que sexa acorde cos números da empresa, que o complemento por accidente ou enfermidade laboral sexo do 100%, e que se recorte o número de horas laborables ao año.


 

También te puede interesar