RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

Unhas 5.000 persoas peregrinan polo emprego

Peregrinos das sete cidades galegas xuntos para comezar unha manifestación dende a Alameda de Santiago de Compostela ata a Praza da Quintana para reivindicar o «dereito a vivir e traballar na nosa terra» e denunciar un sistema desigual. En total, preto de 5.000 persoas acudiron á Marcha Galega polo Emprego, a unha cita na que desempregados, traballadores e sindicatos pedía polo emprego e o seu precario estado de saúde.

Con esta marcha o que se trataba era visibilizar o problema que supón en Galicia o paro, manifestar a solidariedade cun sector da poboación cada vez máis desprotexido e denunciar as políticas de emprego que se están a pór en marcha e que non axudan aos 240.000 desempregados da comunidade autónoma, do que preto do 40% non cobra nada, deixando a 70.000 familias sen ningunha fonte de ingresos.

Os manifestantes piden unha nova política fiscal de carácter progresivo que grave máis a quen máis ten, que se remate cos paraísos fiscais, que se creen empresas públicas en sectores estratéxicos, como o financeiro, coa creación dunha banca pública, que permita apoiar ao tecido produtivo, ás pequenas empresas e ás familias.

También te puede interesar