RGPD - Cookies
Comarcas Cultura

A Escola Municipal de Música de As Neves, remata o curso este sábado cun gran concerto

A Escola de Música Municipal de As Neves, considerada unha das mellores de Galicia, remata o curso 2010-2011 cun concerto a cargo dos alumnos da mesma. O mesmo terá lugar este sábado, día 25, ás 6 e media da tarde no Auditorio Vázquez Portomeñe, e no mesmo os familiares, pais e nais de alumnos, amigos e, en xeral, os amantes da música, poderán disfrutar do excelente traballo levado a cabo durante este ano, traballo que ven de merecer as mellores críticas dos especialistas en diferentes instrumentos.

Ao mesmo tempo, o Concello anunciou a apertura do prazo de matrícula para o ano que ven, matrícula que poderá formalizarse nas oficinas municipais do 4 de xullo ao 4 de agosto (10 a 12 horas). Para aqueles que estén interesados, estos son os requisitos e prezos dos respectivos cursos:

Aqueles que se matriculen por primeira vez, terán que presentar o DNI, 3 fotografías tamaño carné, o Libro de Familia e un número de conta para a domiciliación bancaria. Os que xa estiveron matriculados, aportarán as pepeletas coas notas do curso anterior e o número de conta bancaria.

As tarifas son:

1º Música e movemento (8 anos), cursos 1º e 2º: matrícula, 50 €, cuota mensual, 16 €.

2º Ensino instrumental (dende 8 anos): A) Nivel I (1º e 2º curso): matrícula, 55 € e cuota mensual, 18 €. B) Nivel II (3º e 4º curso), matrícula, 60 €, cuota mensual, 20 €. C) Nivel III (5º curso), matrícula, 65 €, cuota mensual, 22 €. D) Por libre, incluíndo a preparación de acceso a grado medio, cursos 1º e 2º, matrícula, 65 €, cuota mensual, 22 €. O concello lembra que, no caso de que un alumno estivese matriculado en máis dun instrumento, pagaría unha cuota mensual de 30 € máis.


 

También te puede interesar