Comarcas Cultura

O Prestige volta á memoria nunha praza de abastos

Un emprazamento único para facer memoria. A praza de abastos de Gondomar acolle unha mostra de 13 fotografías que recordan á catástrofe vivida en Galicia co desastre do ‘Prestige’, unha mostra que adquire un especial interese pola súa ubicación arredor do sector que máis sufriu a marea negra das costas galegas, unha catástrofe ecolóxica na que miles de persoas traballan codo con codo de xeito voluntario para intentar salvar o que parece irrecuperable.

A exposición recolle imaxes tomadas por Carlos Costas, un mozo de Gondomar que impactado polo ocorrido acolleu durante eses días a un matrimonio de Huelva que viña a axudar a limpar as praias. Trasladouse ás zonas afectadas e baixo o obxectivo da súa cámara inmortalizou o suceso. Pasear pola praza de abastos será por tanto rememorar unha historia tinguida de negro, con voluntarios ocupando as praias coas mans manchadas de fuel.

También te puede interesar