RGPD - Cookies
Comarcas Galicia

Arbo non botará balóns fóra

O XVIII Torneo de Fútbol Sala Vila de Arbo bota a andar. Organizado polo concello de Arbo, o torneo arrincará o vindeiro día 20 de xuño con 16 equipos chegados desde distintos puntos das comarcas do sur da provincia e de Portugal. Divididos en dous grupos de 8, esta fase xogarase a partido único con tres partidos diarios: os catro primeiros de cada grupo para disputar os cuartos de final en dous grupos de catro, sendo os dous primeiros clasificados da cada grupo os que disputen as semifinais e finas. As semifinais celebraranse o sábado 23 de xullo e a final o domingo 24 as 22:00.

O premio para o campión será de 1.250 euros, aínda que tamén haberá dous premios de 650 e de 350 euros para o segundo e terceiro clasificado, ademais dos trofeos para o menos goleado, o máximo goleador e o equipo máis deportivo, que tamén recibirá 100 euros. Os catro últimos clasificados disputaranse o torneo da consolación, que ten premios en metálico de 200, 100 e 60 euros.

O torneo xogarase ininterrompidamente desde o 20 de xuño ata o 24 de xullo de xeito, excepto domingos. As entradas teñen prezos simbólicos: para acudir a todo o torneo hai un bono de 3 euso e asistir a cada partido custará 50 céntimos.

 

También te puede interesar