Agenda Cultura

Prepárate para as últimas andainas da tempada

Zapatillas, mochila e comida para pasar o día fóra da casa, paseando por rutas pensadas para o público familiar. O grupo de sendeirismo Andaina, da Asociación Cultural O Coto, organiza mañá a penúltima peque-ruta da tempada, un percorrido pola Illa de Arousa, na que se realizará a ruta do Faro. A saída: mañá domingo ás 11 horas dende as portas do Colexio Público do Carballal.

Unha fermosa ruta pensada para os nenos para abrir boca para a última andaina da tempada o vindeiro sábado 18 de xuño: unha peque-ruta nocturna pola senda litoral de A Guarda, sempre á beira do mar. A saída será ás 21:30 horas do Colexio Público do Carballal, en Cabral. As recomendacións son levar unha lanterna e roupa de abrigo por se refresca.

Apúntaste?

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.