Vigo al minuto

Abel Caballero, alcalde de Vigo: «Só os imbéciles e escuros que non nos entenden chaman a isto localismo»

Trece minutos para agradecementos e poñer os puntos sobre as íes recén recollido o bastón de mando por segunda vez consecutiva. O revalidado alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o último en tomar a palabra tras a súa investidura, un discurso baseado de novo nos datos recollidos nas urnas, no «aval» dos vigueses a catro anos de administración co apoio «nesta travesía por segunda vez consecutiva», e nas grandes obras que quedan por diante, facendo especial fincapé nese polémico AVE que nunca chega a Galicia. E sen pelos na lingua.

No que supón «o feito máis extraordinario, emocionante e gratificante da miña vida política, ser reelexido como alcalde» Caballero asegurou que esta nova etapa o goberno asentarase «sobre o diálogo e os acordos, un diálogo perenne disposto ao consenso» co BNG como grupo de referencia para chegar a bo porto. «Con eles fixemos a primeira travesía, por iso hai esa vontade de acordos e de toma de decisións compartidas sen que a cidade vexa ralentizada a súa marcha», aínda que tamén fixo un chamamento ao PP para chegar acordos «por unanimidade» nos temas de maior relevancia para a cidade.

Unha man tendida aos populares para acto seguido falar de novo deses resultados nas urnas e da «clara mensaxe a Galicia do carácter vigués que reclama un golpe de timón á Xunta, unha mensaxe que esperamos que fora lida polo seu remitente». «Formulamos a nosa política dende a convicción de que a vella Galicia,  propia dos anos trinta do pasado seculo, que se foi deseñando dende a administración autonómica, centrada noutras cidades, está superada pola realidade dinámica e imparable. A modernidade do seculo XXI é a globalización, a economía, o crecemento e a solidaridade, e eso é Vigo. Por iso un Vigo forte e dinámico que lidere e ocupe a seu espacio nunha nova Galicia mais diversa, é a mellor contribución que todos podemos facer. Só os imbéciles e escuros que non nos entenden, non, chaman a isto localismo. Este novo Vigo que reclama unha nova Galicia na que cada un ocupe o seu espazo e desenvolva as súas potencialidades, constitue o verdadeiro interés xeral de país», reclamou Caballero.

Obxectivo, a igualdade

Unha igualdade plantexada dende as mesmas oportunidades para todos e dende o tratamento das parroquias e das zonas máis rurais coma se fosen o mesmísimo centro da cidade. As humanizacións neste exemplo non podían faltar. A proposta: gañar a batalla á crise dende as propostas económicas e a innovación, do lado dos principais motores económicos das cidades pero tamén dos propios vigueses con políticas públicas de educación e sanidade, dinamización económica e creación de emprego, vivendas protexidas e a defensa da identidade cultural da cidade.

O exemplo funciona: Vigo é o gran concello de réxime común con menos débeda por habitante de España. «Se os cidadáns están en tempos de sacrificio, o concello aínda máis. Seremos máis austeros nos nosos actos, porque tamén é a nosa forma de vivir. Hai que facer máis cidade e menos partidismo, menos decisións problemáticas e por a Vigo por riba de todo», rematou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.