RGPD - Cookies
Galicia

O AVE a Galicia xa ten obra de man e capital ale-man

Adif ven de asinar un préstamo por importe de 50 millóns de euros co Deutsche Pfandbriefbank para financiar a construcción da conexión AVE a Galicia, segúndo informou o ente público. Non é a primeira vez que Adif chega a un acordo con esta entidade, especialista en financiación inmobiliaria e do sector público.

Hai un mes, Adif asinou unha operación polo mesmo importe co banco chinés ICBC, seguindo coa súa estratexia de diversificación das súas fontes de financiamento nas mellores condicións do mercado. Adif ten autorización, vía Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para endeubedarse, neste exercicio por un importe máximo neto de 2.285 millóns de euros


También te puede interesar