¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

O alcalde amosa en Nau 2011 que ten maioría ‘surficiente’ para gobernar

Antes de percorrer o salón náutico amosou o seu recoñecemento aos organizadores do evento por levar adiante a feira pese ao contexto económico actual. «A unión fai a forza», sinalou Caballero, quen incidiu tamén en que da crise se sae co empuxe e o bo facer, «e iso está presente na feira«, lembrou.

O rexidor felicitou a organización e trasladou o agradecemento a patrocinadores, expositores e a todas as persoas que fan que o evento funcione. Así asegurou que o turismo náutico ten unha «enorme capacidade de xeración de emprego e valor engadido» ao tempo que encomiou a imaxinación pola incorporación de Galigolf. O rexedor expresou a súa vontade de seguir cooperando coa organización nos vindeiros anos.

Nau 2011 desenvolverase no Ifevi desde hoxe e ata o vindeiro domingo, 29 de maio, pero de forma paralela os organizadores, Marina de Exposiciones, celebran de forma simultánea Galigolf 2011, o primeiro salón do golf de Galicia. NAU 2011 ocupa un espacio de 13.000 metros cadrados no recinto feiral de Cotogrande e unha liña de atraque de 300 metros nos pantaláns de Marina Davila, no porto deportivo de Bouzas, onde se celebrará unha exposición «a flote»

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.