Cultura Galicia

Tempo e formigas para levantar un premio en Cans

Imaxen do videoclip gañador.
Imaxen do videoclip gañador.

Moi difícil tivo a súa elección o xurado do concurso de videoclips do Festival de Cans, que tiveron unha gran variedade de selección este ano, con técnicas moi diferentes e cunha gran calidade visual. Ao final, que levou o gato á auga foi ‘Dos semanas’, de Misterioso viaje a Holanda, realizado por Juan Pablo Etcheberry, na que o realizador tivo a capacidade de facer crecer o tema musical. Quinto premio para Etcheberry en Cans, logo de facerse en 2004 co premio do xurado á mellor curta de animación, en 2005 cos premios do xurado e do público á mellor curta de animación e en 2007 de novo co premio do público á mellor curta de animación. O premio do público ao mellor videoclip deste ano foi finalmente para o grupo local El Cubo e o seu tema ‘La marcha de las hormigas’, traballo realizado Andrés Montenegro e Belén Mendaña.

Xornada de reflexión e festa

Mañá o VIII Festival de Cans celebra o seu día grande con actividades espalladas por toda a parroquia todo o día, desta volta con máis aforo nas salas e máis premios. Na sección oficial a concurso, para a que se puxeron á venda 800 entradas, proxectaranse 17 curtametraxes (12 de ficción e 5 de animación). Este ano aumentaron os premios con dotación económica. Dunha banda, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia achegará a contía para os premios de mellor actor e actriz, 200€ cada un. Doutra banda, entregarase por primeira vez o premio do xurado ao mellor guión, tamén cunha contía de 200€, neste caso patrocinado pola Asociación Galega de Guionistas. Deste xeito, ademais do premio do xurado dos veciños á mellor curtametraxe, repartiranse nove premios con dotación económica, que suman 6.200€.

O programa de acceso libre e gratuíto para aqueles que acudan ao festival sen entrada será máis intenso que nunca: Fernando León de Aranoa fará o coloquio na leira; el e Antón Reixa deixarán a súa pegada no Torreiro das Estrelas; Os Veraneantes amenizarán a procesión de chimpíns; Dabid Rubín amosará a súa Mirada de Cans Can Car Oddisey; haberá concertos de Siniestro Total e Os Tres Trebóns; no Jalpón Friki proxectaranse os videoclips máis frikis do ano e outras pezas; soará na estrada unha gran Descarja Jaiteira; e darán micro concertos no Jaliñeiro Unppluged SraSrSra, Eladio y los Seres Queridos e Nicolás Pastoriza, á par das estreas e presentacións que se farán na Sala Multiúsos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.