Deportes Galicia

O balonmán é a estrela

Fútbol, balonmán, judo, patinaxe, fútbol sala, rugby, atletismo e xadrez online son as actividades que as Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra puxo en marcha este ano. Hoxe o balonmán foi o grande protagonista da Praza da Estrela, onde centos de rapaces de distintas idades se reuniron para amosar ao público o aprendido nestes cursos gratuitos, nos que en total participaron máis de 6.000 nenos ao longo deste ano.

Nesta modalidade, Antonio Plaza, ex adestrador da liga Asobal e director técnico da Federación Galega de Balonmán foi o encargado de mover aos máis de 160 equipos que neste momento compiten en toda a provincia.

También te puede interesar